Thursday 18 de April de 2024

Iniciado o acondicionamento das cunetas da estrada xeral ao seu paso pola Pobra


A Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal informa de que a brigada municipal comezou nestes días cos labores de acondicionamento das cunetas da estrada AC-305 na súa extensión pola localidade.

A edil Estefanía Ramos (Nós Pobra) explica que estes traballos de mantemento consisten na roza e na limpeza das marxes da referida vía, focalizándose na retirada da vexetación.

Estas tarefas iniciáronse no límite co municipio de Ribeira e continuarán ata a zona do Conchido.